• galego
  • Español

Historia

ASAJA, creada o 14 de xullo 1989, é froito do acordo de fusión de CNAG, CNJA e UFADE, constituindo así a maior organización profesional agraria de España. Actualmente, conta con máis de 200.000 afiliados que traballan nas explotacións agrarias de forma directa, tanto propietarios e arrendatarios, coma os membros das familias que colaboran nas actividades de explotación.

ASAJA constitúese para a representación, xestión, defensa e fomento dos intereses profesionais do sector agrario en xeral, así coma das súas organizacións. O seu obxectivo é a defensa das explotacións familiares e das empresas agrarias baixo calquera forma de iniciativa privada, traballando para acadar o seu desenvolvemento como actividade económica viable, e defendendo tanto a nivel nacional como internacional a competitividade do sector agropecuario español. A organización sempre prestou unha especial atención ós máis novos, intentando mellorar as súas condicións de acceso ó exercicio da actividade, así como a súa capacitación e formación profesional.

Como organización de ámbito nacional e de vocación xeral, ASAJA integra tódalas ramas da actividade agraria nas súas modalidades agrícolas, gandeira, de aproveitamento forestal, de xestión medioambiental e, incluso, das novas modalidades de actividades complementarias no medio rural, coma pode ser o agroturismo.

ASAJA desenvolve a súa actividade no ámbito nacional e, cada vez con maior intensidade, no internacional, especialmente nos foros comunitarios. Como Organización Profesional Agraria participa en tódalas mesas de negociación coas administracións española e galega, así coma coa industria agroalimentaria en representación dos agricultores e gandeiros (asociacións, interprofesionais, consellos reguladores, confederacións hidrográficas, cámaras agrarias, convenios colectivos, etc.). Por outra parte, ASAJA representa ós profesionais agropecuarios en todos aqueles foros onde o sector agrario esté directa ou indirectamente afectado (C.E.S. e CEOE).

O obxectivo de representación de ASAJA compleméntase coa súa pertenencia de pleno dereito ó Comité de Organizacións Agrarias da U.E. (COPA), participando activamente en tódalas reunións preparatorias dos Comités Consultivos Agrarios da Comisión Europea. Asemade, ASAJA é mémbra do Grupo de Empreadores Agrarios (GEOPA), do Consejo Europeo da Agricultura (CEA) e do Comité Económico e Social (C.E.S.).

Por último, ASAJA pertence ó Consello Europeo de Xóvenes Agricultores (CEJA), e forma parte do Programa Europeo de Intercambios Agrarios entre Xóvenes Agricultores (P.E.J.A.).

Galicia

En Galicia, a organización conta con oficinas en dez localidades distribuídas polas catro provincias, dende onde se atende ós máis de 7.000 socios cos que conta na comunidade.

Actualmente somos a organización maioriaria entre os gandeiros, agricultores e viticultores galegos por resultados electorais. Nas últimas eleccións ás cámaras agarias obtivemos o 49% da representación. Estamos, por exemplo, en tódolos consellos reguladores das denominacións de orixe de viño galegas.