• galego
  • Español

Quen somos?

Loitamos porque o medio rural galego siga vivo e cun futuro cheo de oportunidades. ASAJA é unha organización profesional agraria que defende algo máis que unha simple actividade económica, defende un xeito de vida. ¡O noso xeito de vida!

Non só fomentamos a vida rural que actualmente temos en Galicia, traballamos para propiciar que cada día haxa máis actividade e novos recursos.

Tamén ofrecemos axuda a moitas persoas relacionadas co mundo agroalimentario e coa produción gandeira e industrial que requiren dos nosos coñecementos. Ademáis do noso labor reivindicativo e da loita por defende-los intereses dos nosos asociados e por acadar a mellor política agraria, xogamos un importante papel de representación do mundo rural ante as administración.