• galego
  • Español

Leite

O vacún de leite segue a ser unha actividade prioritaria para Galicia. En ASAJA participamos activamente no proceso de reestruturación deste sector, que está a conducir a unha situación de menos explotacións, pero mellor dimensionadas e máis rendibles. Neste sentido, resultou clave o esforzo formativo e de profesionalización realizado pola nosa organización, ademais da promoción permanente do asociacionismo agrario (cooperativas, SAT, CUMA,…) e da mellora tecnolóxica.