• galego
  • Español

Gandería

Na producción cárnica, Galicia tense convertido nun referente de calidade baseado fundamentalmente no papel xogado pola Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, entidade na que ASAJA participó activamente dende a súa fundación. Igualmente, promovémo-lo desenvolvemento e consolidación doutros sectores gandeiros, coma o porcino, o cunícola, o cabalar, o avícola ou o apícola; sen esquecernos de novas producións coma as avestruces, os caracois ou os búfalos, que mostran un importante potencial de crecemento.