• galego
  • Español

Fiscal e laboral

A sé central de ASAJA en Galicia conta cunha rede informática que permite leva-la xestion do IVE, rendas e todo tipo de obrigas fiscais e tributarias mediante un programa informático especialmente deseñado para a contabilidade de explotacións agropecuarias. Con el obtemos interesantes índices económicos para a súa interpretación e toma de decisións. As explotacións acollidas a este servicio -lácteas, cárnicas, vinícolas e hortícolas- obtiveron uns resultados económicos sobresaíntes.

Os nosos socios tamén contan cun servicio de asesoría fiscal cunha consultoría externa que, ademais de telos informados puntualmente, resólvelles o cumprimento de tódalas obrigas formais derivadas dos impostos que lles afectan. Nas nosas oficinas tramítanse unas 15.000 declaracións do IRPF cada ano e, ademais, tamén solucionamos problemas e asuntos laborais que xurden cando os asociados teñen empregados a conta.