• galego
  • Español

Asesoramento xurídico

Contamos cun equipo propio de catro avogados que están para atender e resolve-los problemas de tipo xurídico dos nosos socios en pleitos, dereitos reais, arrendamentos rústicos, concentración parcelaria, certificados de últimas vontades, valoracións, taxacións, etc.

ASAJA ten subscritos acordos con varios bufetes en tódalas localidades galegas onde existen oficinas da organización e, en virtude deses acordos, a primeira consulta é de balde. No caso de seguir adiante co proceso, os socios gozan de descontos con ditos bufetes. Unha mostra da nosa importante labor neste campo é que nós dous últimos anos superáronse as 12.000 consultas.