• galego
  • Español

ASAJA pídelle á consellería do Medio Rural que decida canto antes que tipo de axudas concederá aos viticultores

Tralas declaración feitas onte pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, nas que afirmaba que “non é posible artellar unha axuda directa por quilo de uva afectada”, ASAJA quere pedirlle á administración que estudie tódalas opcións existentes nestes momentos e que non descarte ningún tipo de medida, entre as que se encontrarían esas mesmas axudas directas. Ante a gravidade da situación provocada polas xeadas da semana pasada, a resposta da Xunta debe ser excepcional. Non podemos esquecer que, segundo os productores, estamos falando dos maiores danos que sufre o sector vitícola en décadas.

Por outra banda, o vicepresidente de ASAJA, Francisco Bello, valorou “positivamente” que Ángeles Vázquez anunciase que a intención da súa consellería é “ofrecer outras solucións como bonificacións fiscais, créditos brandos ou axudas para facer a repoda e que non supoña un custo engadido a estes profesionais”. Iso si, o voceiro de ASAJA en Galicia pediulle a consellería do Medio Rural que “actúe coa máxima rapidez posible. Tódalas axudas que se den aos viticultores para intentar reducir os danos nos viñedos débense conceder canto antes, xa que o éxito deste tipo de medidas correctoras depende en gran parte da rapidez coa que se actúe”.

Cotas anuais

Dende a nosa asociación tamén queremos propoñerlle á conselleira que estudie a posibilidade de que, trala vendima deste ano, a Xunta axude aos viticultores e ás bodegas a abonar os distintas pagos que lle deben facer aos consellos reguladores. Tanto nas cotas anuais dos productores, coma no coste que deben asumir os adegueiros polas tirillas e polas catas de calificación.

Ante os danos producidos polas xeadas, a asociación propón que á Xunta tamén colabore cos productores e cas adegas para abonar os pagos que lle deben facer aos consellos reguladores