• galego
  • Español

Ante os danos ocasionados nos viñedos pola xeada, ASAJA pide que se estudie a posibilidade de aprobar axudas

Ante os danos producidos nos viñedos en tódalas Denominacións de Orixe galegas pola forte xeada desta noite, ASAJA quere pedir á Consellería do Medio Rural que estudie a situación por se fose posible aprobar algún tipo de axuda para os viticultores afectados. Incluso, nos concellos que sufriron máis os efectos do frío, habería que analizar se sería necesaria unha declaración de zona catastrófica.

Nos vindeiros días, a asociación estará moi atenta a evolución dos acontecementos, por se fose necesaria a petición dalgún tipo de axuda institucional a nivel nacional.

Nos concellos máis afectados podería ser necesaria a declaración de zona catastrófica

Seguros agrarios

Por outra banda, o vicepresidente de ASAJA, Francisco Bello, manifestou que “os agricultores profesionais que aínda non conten con ningún seguro agrario, deberían recapacitar moi seriamente sobre a necesidade de contratalo. Quen vive do agro non pode estar exposto aos danos que as inclemencias climatolóxicas poden ocasionar nas súas colleitas”.