• galego
  • Español

Los productores de patata ante un nuevo reto: la polilla guatemalteca

La patata es el tercer cultivo alimentario para consumo humano más importante en el mundo, despues del arroz y del trigo, y esencial de la cocina gallega. En su cultivo en Galicia conviven explotaciones profesionales, fundamentalmente en las comarcas amparadas por la IXP, con pequeñas plantaciones para autoconsumo en el contexto familiar, representando estas últimas más del 90% del total.

Pero o seu cultivo, como outros, está exposto á constante ameaza de pragas e enfermidades. Convivimos coa pulguilla da pataca (Epitrix) e co mildiu (Phytophthora Infestans), que en 2016 provocou perdas do 40% do cultivo, alcanzando o 100% na da Costa da Morte.

Tampouco é nova a presenza de polillas. Nos últimos anos asistimos aos seus efectos negativos, aínda que se conseguiu minimizar o seu impacto coa introdución de melloras nas técnicas de cultivo.

A detección en Galicia da polilla guatemalteca en 2015 é un reto máis, produto desta irrenunciable etapa de globalización alimentaria, en que os movementos de persoas e mercadorías facilitaron a súa entrada.

A chegada desta praga é consecuencia da globalización alimentaria

Zonas infectadas

Este lepidóptero de hábitos nocturnos e específico da pataca provoca danos nos tubérculos. A duración do seu ciclo biolóxico está condicionado pola temperatura e humidade relativa e completa o seu ciclo entre 41 e 95 días.

Desde a súa detección en Galicia publicáronse normas encamiñadas á súa erradicación (Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, e Resolución de 8 de marzo de 2017).

O establecemento de zonas demarcadas/infectadas, zonas tampón, a prohibición de plantación por un período de dous anos, a retirada dos cultivos establecidos ou dos seus restos, a colocación de trampas, controis en zonas de almacenamento e en movemento de tubérculos deben contribuír ao control desta praga.

Reciclaxe

Estamos en condicións de enfrontarnos a este desafío. Nos últimos dous anos boa parte dos produtores recicláronse, asistindo a cursos de formación para habilitarse para a utilización de produtos fitosanitarios de ámbito profesional.

Ademais informouse amplamente sobre a praga (medios de comunicación, Administración, contorna comercial). Son poucos os que, preguntados, non teñen coñecementos sobre o tema. A maioría dos expertos coinciden en que as medidas implementadas son as correctas, aínda que debemos ter en consideración o seguinte:

1. Sector produtor pouco homoxéneo. Hai enormes diferenzas de manexo entre produtores profesionais e para autoconsumo,

carecendo estes últimos das ferramentas adecuadas para o manexo do cultivo. (Mecanización ineficiente, maior descoñecemento das ferramentas fitosanitarias ou maior limiar de tolerancia coas pragas).

2. Estratexia conxunta (administracións, produtores, comerciais e investigación). Só así utilizaremos eficientemente todos os

recursos dispoñibles fronte a, segundo algúns, esta apocalíptica praga.

3. Marco legal de transaccións comerciais. Está desfasado. Sobre a maioría non existe rexistro algún. É máis, ampara a fraude aos consumidores, que a maioría das veces comen produto francés por galego. A etiquetaxe obrigatoria, o envasado, a regulación de mercados locais ou a regulación da venda de produto porta a porta, facilitarán o éxito ante este novo reto.

A maioría dos expertos afirman que as medidas adoptadas son as correctas

Como produtor profesional de pataca na comarca de Bergantiños, non estou máis preocupado pola polilla guatemalteca do que o estaba en xuño de 2016 polo mildeu da pataca. Existen as ferramentas para combatila, só apelo á responsabilidade de todos para que empuxemos na mesma dirección.

Asinado: Juan García Pose