• galego
  • Español

Ya se pueden solicitar las ayudas de la PAC

La Consellería do Medio Rural publicó hoy en el Diario Oficial de Galicia (DOG) la convocatoria de ayudas de la Política Agraria Común (PAC) para la campaña 2017-2018. Na publicación regúlanse os pagamentos directos á agricultura e gandería e as axudas ao desenvolvemento rural (zonas con limitacións naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións en terras non agrícolas). Estas achegas suporán un investimento de fondos europeos no rural galego de preto de 190 millóns de euros, que chegarán a máis de 33.000 beneficiarios.

O prazo de presentación da solicitude única finaliza o 30 de abril

Na orde deste ano inclúense, como novidade, as solicitudes da axuda excepcional ao sector lácteo destinadas a compensar unha parte das perdas sufridas polos produtores nas últimas campañas. Estas axudas será aprobadas polo Ministerio para paliar os efectos máis duros da crise do lácteo e, para facilitar a tramitación, os gandeiros poderán solicitalas conxuntamente coa PAC.

Enlace á páxina do DOG coa convocatoria de axudas da PAC:

http://www.xunta.gal/dog/publicados/2017/20170201/AnuncioG0426-250117-0002_gl.html

Pagos da campaña 2016-2017

Por outra banda, esta  mañá, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, avanzou que “o resto de pagos pendentes da campaña 2016-2017 faranse efectivos unha vez que se completen os preceptivos controis sobre o terreo ou administrativos, estando previsto completar o pago nun prazo aproximado de dous meses. En todo caso, cómpre advertir que o período legalmente establecido finaliza o 30 de xuño”.