• galego
  • Español

Xa se poden solicitar as axudas da PAC

A Consellería do Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas da Política Agraria Común (PAC) para a campaña 2017-2018. Na publicación regúlanse os pagamentos directos á agricultura e gandería e as axudas ao desenvolvemento rural (zonas con limitacións naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións en terras non agrícolas). Estas achegas suporán un investimento de fondos europeos no rural galego de preto de 190 millóns de euros, que chegarán a máis de 33.000 beneficiarios.

O prazo de presentación da solicitude única finaliza o 30 de abril

Na orde deste ano inclúense, como novidade, as solicitudes da axuda excepcional ao sector lácteo destinadas a compensar unha parte das perdas sufridas polos produtores nas últimas campañas. Estas axudas será aprobadas polo Ministerio para paliar os efectos máis duros da crise do lácteo e, para facilitar a tramitación, os gandeiros poderán solicitalas conxuntamente coa PAC.

Enlace á páxina do DOG coa convocatoria de axudas da PAC:

http://www.xunta.gal/dog/publicados/2017/20170201/AnuncioG0426-250117-0002_gl.html

 

Pagos da campaña 2016-2017

Por outra banda, esta  mañá, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, avanzou que “o resto de pagos pendentes da campaña 2016-2017 faranse efectivos unha vez que se completen os preceptivos controis sobre o terreo ou administrativos, estando previsto completar o pago nun prazo aproximado de dous meses. En todo caso, cómpre advertir que o período legalmente establecido finaliza o 30 de xuño”.