• galego
  • Español

Desde hoy se pueden solicitar las ayudas del Leader

Los interesados en pedir una ayuda del plan Leader, pueden presentar desde hoy sus solicitudes a los grupos de desarrollo rural. Así o establece a convocatoria que onte publicou o Diario Oficial de Galicia e que está dotada con 21,1 millóns de euros para os anos 2017 e 2018. Isto só é unha parte dos 84 millóns de euros que aportará o plan Leader ó agro galego no período 2014-2020.
En total, está prevista unha aportación de 21.150.102 euros nestes dous anos, a razón de 13.520.102 euros en 2017 e outros 7.630.000 en 2018. Estas achegas están cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, coma mínimo, permanecendo aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada un dos 24 grupos en función da dispoñibilidade de fondos. A distribución por GDR aparece publicada, como anexo, na convocatoria do DOG.

Enlaces ó DOG

No seguinte enlace, poden acceder á publicación do DOG:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170130/AnuncioO90-301216-0002_gl.pdf

As bases reguladoras destas axudas poden velas no seguinte enlace ó DOG do 18 de xaneiro:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170118/AnuncioO90-301216-0001_gl.pdf