• galego
  • Español

Dende hoxe pódense solicitar as axudas do Leader

Os interesados en pedir unha axuda do plan Leader, poden presentar dende hoxe as súas solicitudes ós grupos de desenvolvemento rural. Así o establece a convocatoria que onte publicou o Diario Oficial de Galicia e que está dotada con 21,1 millóns de euros para os anos 2017 e 2018. Isto só é unha parte dos 84 millóns de euros que aportará o plan Leader ó agro galego no período 2014-2020.
En total, está prevista unha aportación de 21.150.102 euros nestes dous anos, a razón de 13.520.102 euros en 2017 e outros 7.630.000 en 2018. Estas achegas están cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, coma mínimo, permanecendo aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada un dos 24 grupos en función da dispoñibilidade de fondos. A distribución por GDR aparece publicada, como anexo, na convocatoria do DOG.

Enlaces ó DOG

No seguinte enlace, poden acceder á publicación do DOG:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170130/AnuncioO90-301216-0002_gl.pdf

As bases reguladoras destas axudas poden velas no seguinte enlace ó DOG do 18 de xaneiro:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170118/AnuncioO90-301216-0001_gl.pdf